Este próximo ano 2013 a nosa Asociación estará especialmente activa, non só debido a que o día das Letras Galegas adicarase a Roberto Vidal Bolaño, senón polo noso especial interese en poñer en valor a obra deste autor. Dende esta sección poderás coñecer os eventos programados na súa memoria.
Desde esta sección accederase a un arquivo multimedia de imaxes, vídeos, audios, artigos de texto e outros elementos multimedia relacionados co autor. Un espazo no que dispoñer de todos os elementos que constrúen, xunto cos seus textos dramáticos, o discurso vital e creativo de Roberto Vidal Bolaño, a súa visión do mundo.
Aquí iremos compartindo todo tipo de referencias á figura de RVB. Un retrato colectivo dun autor imprescindible, dende os estudos académicos e as críticas literarias ou teatrais das súas obras ata as opinións do alumnado galego, pasando polos comentarios de todas as persoas que compartiron con el batallas e anécdotas.

Nace en Compostela a Asociación Roberto Vidal Bolaño, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición. O colectivo está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco.
Si queres formar parte da nosa Asociación, preme esta ligazón en sigue as instrucións.
(A asociación realizará un labor de coordinación entre entidades organizadoras de actividades relacionadas co Dia das Letras Galegas.)
