Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013




A procesión laica de Santa Bolaña

Categoría : Novas · por 17 Dec, 2012
A procesión laica de Santa Bolaña

Galicia non se vende, que se regala simplemente. E se isto non se amaña, Santa Bolaña”. As voces do fegreses entoaron cánticos coma este a fin de semaan pasada polas rúas compostelanas. Con veas nas mans e a chuvia varrendo o ceo, ducias de devotos de Roberto Vidal Bolaño responderon ao convite da Candidatura do Povo para homenaxear o dramaturgo. A procesión laica, encabezada pola Santa Bolaña, unha sorte de monifate con cigarro nunha man e botella de viño na outra, percorreu as rúas de Santiago e a súas tabernas nun acto de teatro improvisado e de homenaxe devoto. O punto de partida foi a Asociación As Brañas do Andrés, onde o Leo tocou un par de pezas antes de que o particular Via Crucis da Santa Bolaña comezase.

Vía Dioivo

COMPARTIR :