Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013




Vidal Bolaño Recuperado, no Salón Teatro

Categoría : Novas, Teatro · por 9 Xan, 2013
Vidal Bolaño Recuperado, no Salón Teatro

O Centro Dramátigo Galego celebrará todos os mércores e xoves de febreiro e novembro, ás 19h no Salón Teatro, o ciclo Vidal Bolaño Recuperado. Citas Audiovisuais coa obra de RVB comentada polos profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade da sala e estas son as datas e títulos:

Febreiro:
Mércores 6. Agasallo De Sombras
Xoves 7. Rosalía
Mércores 13. Laudamuco, Señor De Ningures
Xoves 14. Saxo Tenor
Mércores 20. Anxeliños!
Xoves 21. Animaliños

Novembro:
Mércores 6. As Actas Escuras
Xoves 7. Xelmírez Ou A Gloria De Compostela
Mércores 13. A Burla Do Galo
Xoves 14. Mar Revolto
Mércores 20. Rastros
Xoves 21. Caprice De Dieux

En La Voz de Galicia: O Centro Dramático Galego recupera as gravacións de obras de Roberto Vidal Bolaño

COMPARTIR :