COMEDIA,  INFANTIL,  TEATRO ANTROIDO,  VER TODAS

As Actas Escuras

Ficha técnica

2010, Centro Dramático Galego
Autoría: Roberto Vidal Bolaño
Dirección: Xúlio Lago
Elenco: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán C. Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez
Deseño da escenografía e atrezo: Rodrigo Roel
Deseño de vestiario: La Canalla
Deseño de iluminación: Xúlio Lago, Antón Arias Marsal
Música: Manuel Riveiro
Estrea: 15 de xaneiro de 2010 no Salón Teatro de Santiago de Compostela

Premios
1994. Premio teatral Camiño de Santiago.

Sinopse

Don Mauro debe redactar un informe co resultado das súas pesquisas, que será enviado a Roma para ser ratificado polo Supremo Pontífice o Papa León XIII. Para esta tarefa, Don Mauro viaxa acompañado do seu sobriño Casiano, mozo librepensador, licenciado en Xeografía e Historia, que no seu afán da busca da verdade dende postulados científicos, causará certas reticencias tanto nos numerosos cóengos da catedral como noutros representantes da curia eclesiástica, incluído o propio cardeal.

A ocultación da verdade e a manipulación, así como o posible sentido ético e a punibilidade destas condutas son algún dos temas abordados nesta peza que remata nunha sorprendente aposta pola defensa da razón, da verdade e da beleza mundana e vital.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume II.
2005. Editorial A Nosa Terra.
2003. Editorial Hiru. Tradución ao castelán do autor.
1997. Editorial AS-PG/A Nosa Terra.

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *