Roberto Vidal Bolaño,  TEATRO ANTROIDO,  TEATRO DO AQUí

Laudamuco, señor de ningures

Ficha técnica

2001, Centro Dramático Galego
Autoría: Roberto Vidal Bolaño
Dirección: Antonio Simón
Elenco: Elena Atienza, César Cambeiro, Rodrigo Roel
Deseño de escenografía e iluminación: Antonio Simón
Deseño de vestiario: Suso Montero
Música: César Morán, Humberto Morán, Pablo Morán

Estrea: 19 de outubro de 2001 no Salón Teatro de Santiago de Compostela como parte de Daquel Abrente, espectáculo conmemorativo dos 25 anos do teatro profesional galego

Premios
Premio Abrente 1976

Sinopse

Laudamuco Señor de ningures quer ser un intento de análise das estruturas de poder e dos seus resotes esenciais, feito non só dende a perspectiva de quen o detenta, senón e sobor de todo, dende a de aqueles que o manteñen. Neste senso, o texto aborda como unha das características desas relacións de poder as connotacións mítico-relixiosas nas que este se arroupa e os supostos valores morais (a fidelidade, o espírito de servizo, o servilismo, etc.) que fan posible a súa existencia.

A relación servo-señor que o texto plantexa dase no intre no qeu xa non semellan existir razóns que puideran facer xustificable a necesidade de seguila mantendo. Un rei é destronado e condeado a morte, a revolución popular ten triunfado e noustante o seu servo máis fidel segue con el, servíndoo aínda, porque para el e por enriba de todo, segue sendo “O Rei”.

A situación límite plantexada no texto faille adquirir a este un carácter grotesco, case que choqueiro, que a montaxe quixo potenciar, tencionando que os personaxes adquiriran unha dimensión degradante, grotesca e distorsionada, esfeluxando as súas características esenciais para facelas máis recoñecibles.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume III.

Outras Montaxes

1976, Teatro Antroido

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *