DRAMA,  NO CENTRO DRAMáTICO GALEGO,  TEATRO ANTROIDO

Percival

Ficha técnica

1983, Teatro Antroido
Autoría: Xosé Luís Méndez Ferrín
Dramaturxia e dirección: Roberto Vidal Bolaño
Deseño e construción da escenografía, atrezzo e mómaros e elenco: Alberte de Esteban “O Roxo”, Pako de Pink, Laura Ponte, Carme Rábade, Rodrigo Roel “Gato” e Roberto Vidal Bolaño.
Monicreques de fíos e variñas: Matarile
Traxes: Rosa Bassave.
Metalistaría: T. Rey
Música: Wagner, Manchín, Banda A. de Merza, etc
Produción: Laura Ponte
A sombrilla branca foi un cariño do “Cholas”, veciño do xardín das Outas Árbores e amigo noso, ao que gostosos adicamos todas e cada unha das representaicóns diste Percival.

Medalla de ouro Cidade de Valladolid ao mellor texto de autor español vivo da tempada 1983-84

Sinopse

Percival ven a seres unha celebración choqueira, ceiba e maiormente irrespetuosa arredor de xestos, contos, ditos, poemas, panfletos e pintadas de Xosé Luís Méndez Ferrín, acomodadas para o teatro por Roberto Vidal Bolaño.

Escribiu o propio Xosé L. Méndez Ferrín no programa da obra: Foi unha tarde fría de 1955, paseaba eu cuns meus amigos de antano, que non me diexarán mentir, polo labirinto máxico da Ferradura e planeabamos roteiros para a literatura galega, como ousados. Súpeto sentín que alguén como el podería, valente, furar as murallas de néboa e asoballamento dorosísimo que nos levaba á contemplación vexetal das tardes mortas e longuísimas. ERan tempos de nada, miserentos. Sentinme dono de algo e escribín Percival.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume V

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *