INFANTIL,  TEATRO ANTROIDO,  VER TODAS

Ruada das papas e do unto

Ficha técnica

1981, Teatro Antroido
Autoría e dirección: Roberto Vidal Bolaño
Reparto: Laura Ponte, Alberte de Esteban e Roberto Vidal Bolaño
Músicos: Tino Freire Pallin, Xaime Fernández Rodríguez, Fernando Barra Sierra e Xosé Lois Sixto García. Todos do grupo Rueiro
Deseño e construción da escenografía, máscaras e traxes: Alberte de Esteban, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Roel, Xurxo Fernández, Rosa Bassave, Quichi Sánchez Corbacho, Carmen Bolaño Sánchez.
Fotos: Tino Viz
Produción: Laura Ponte
Mención Honorífica V concurso Teatro Infantil “O Facho”

Sinopse

Di un texto de Bernardino Graña no programa da obra: Ruada das papas e o unto é un happening, un verdadeiro happening. Arte que irrumpe e interrumpe o tráfico e a rutina da vida de rúa. Arte que se incrustra no vivir da rúa con sorpresa e forza. Se non nos interrumpimos, se non nos paramos a ver, a sentir os bonecos e as proclamas que este teatro vivo (activo) disemina polos recantos da cotidianeidade da rúa… haberá que concluír que os bonecos somos nós, nós os que non nos detemos, os que insistimos na rutina cotidiana. Entón é que estamos deformados, conformes coa paulatina deformación e vaciamente, integrados no alienante. Quen pode pasar indiferente ante o esnaquizamento, a destrución das esencias da maxia, da beleza, da arte, da cultura?!

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *