Saxo Tenor

Ficha técnica

1983, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Elina Luaces, Gonzalo M. Uriarte, Laura Ponte, Susana Dans, Antonio F. Simón, Antonio Durán “Morris”, Xaquín G. Marcos, María Bouzas, Rodrigo Roel, Vicente Montoto, César Goldi, Marcelino de Santiago “Kukas”, Luis Zahera, Pilar Pereira, Bernardo Martínez
Deseño de escenografía e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas”
Deseño de vestiario: Gonzalo Vilas
Música: John Coltrane con arranxos de Bernardo Martínez
Banda sonora: Baltasar Patiño
Estrea: 12 de xaneiro de 1993

Premios
1991. Premio Álvaro Cunqueiro
1993. Premios Compostela. Mellor texto e mellor escenografía.

Sinopse

Di Camilo Franco en Dez Obras na Vida de Vidal Bolaño que Saxo Tenor é un modelo de como suceden as cousas e como son contadas. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativo contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume I
2002. La Voz de Galicia. Biblioteca Galega. Número 80 da Biblioteca Galega 120.
1999. Edicións Xerais. Colección libros do Centro Dramático Galego (2ª Edición)
1996. SGAE. Tradución ao castelán de Luís Alonso Girgado.
1993. Edicións Xerais. Colección libros do Centro Dramático Galego.