DRAMA,  INFANTIL,  NO CENTRO DRAMáTICO GALEGO,  Roberto Vidal Bolaño

Touporroutou da lúa e do sol

Ficha técnica

1995, Teatro do Aquí
Autoría, dirección e liuminación: Roberto Vidal Bolaño
Elenco: Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago, Ursia Gago
Espacio escénico e vestiario: Julia Brens
Mómaros, cabezudos, marionetas, títeres e máscaras: Roberto Vidal Bolaño, Rubén Ruibal, Xoán Carlos Mejuto, Anabell Gago e Ursia Gago
Deseño gráfico: Fausto C. Isorna
Fotografía: Xenaro Martínez
Produción: Belén Quintáns
Asesoría xurídica e administración: Planing
Cobertura técnica: Kachet
Música: Kevi Aragunde

Sinopse

Catro titiriteiros, dos de facer camiño, cantan algunhas das súas historias axudados por dúas ducias de bonecos. Saben moitas, pero as que contan hoxe falan de: cal é a orixe certa da lúa e do sol e dos días e das noites; de como foi que se produciu o diluvio universal e de que consecuencias tivo, sobre todo no inverno; de como os demos se volveron serpes e dende aquela adícanse a gardar tesouros xunto coas fadas, os xigantes, os ananos ou os mouros; de como acertar deles e vender as probas que poñen; dos perigos que encerra buscalos e ás veces mesmo facerse con eles; e de como, ao cabo, o mellor tesouro é o dos ensoños e non hai ningún outro de máis mérito no Universo Mundo.

A versión de Teatro do Aquí mantén a súa vinculación co mundo do boneco e do títere, pero trasladándoos do teatriño de marionetas ao escenario á italiana e relacionándoos co actor. Ao longo do espectáculo, actores e actrices dialogan, desenvolven conflitos ou cantan e viven historias ao lado dos bonecos de luba, de variña, de xigantes, de cabezudos ou de marionetas, voltos os uns e os outros serpes, astros, buscadores de tesouros, demos, anxos, fadas, ananos ou mouros, poñendo a proba os lindeiros que separan ou xunguen ao boneco e ao actor.

Edicións Literarias

2013. Edicións Positivas. Obras Completas. Volume IV

Outras Montaxes

1982, Teatro Antroido
Autoría, dirección e luces: Roberto Vidal Bolaño
Manipuladores: Alberte de Esteban “O Roxo”, Rodrigo Roel, Roberto Vidal Bolaño
Fixeron os monifates: Alberte de Esteban e roberto Vidal Bolaño
Pintounos: Rodrigo Roel
Vestiunos: Rosa Bassave
Deseñou e fixo o teatriño: Rodrigo Roel
Voces: Alberte de Esteban, Laura Ponte, Rodrigo Roel e Roberto Vidal Bolaño
Fotografía: Tino Viz
Produción e distribución: Laura Ponte
Deseño do cartaz: Pepe Barro

Spread the love

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *